Coma lles foran ben as cousas, tamén había que merendar. Deixaron as bestas
en cas Cosme, na mesma praza da feira, que se chamaba a plazuela da Herba. Ninguén
coma Cosme pra preparar axiña unha merenda. ¡E que bon viño de Chantada tiña!
Alí estiveron outro bon rato, bebendo e parolando... O caso é que cando
chegaron a Canturín xa era noite pecha.
Camiña que te camiña, logo chegaron a Paradela. Antón propoñialle a seu
compañeiro que marcaran unha serrería que se vendía na Puebla. Pedro decíalle
que era millor coller en aparcería o muíño de Moscán. Faríanse ricos en poucos
anos. Mais Antón vía mellor o da serrería. ¿Por qué non a serrera i o muíño?
Ganarían moito máis, qui é do que se trataba. Os dous vían chover onzas do ceo.
Tiñan que atravesar a campa de Xan da Cruz, pois decidiron, pra estar cedo na casa, deixar a carretera e ir polo atallo. Aquila campa é moi grande. Alí encórase moito a iauga polo tempo das choivas da outonía.
"Á Lus do Candil", Ánxel Fole

(Ánxel Fole nasceu no dia 11 de Agosto de 1903. Morreu em 1986.)
Sem comentários:
Enviar um comentário