A casa parecía máis tristenta que nunca. Resoaba a choiva nas follas das figueiras e dos magnolios. Pola outra
banda do val, enriba dos montes cincentos, amosaba o
arco da vella. Asubiaban as cochorras no xardín; chirlaban as anduriñas no aleiro do tellado. Sentimos os cornos
dos pastores que levaban a avenza ó monte, antre penedías e piñeiraes. Arreitaban os canos do tellado faguendo
un balbordo nas lousas do patio, que me traguían a lembranza dos días de choiva en Compostela. Un ballón iba,
outro viña.
"Á Lus do Candil", Ánxel Fole
(Ánxel Fole nasceu no dia 11 de Agosto de 1903. Morreu em 1986.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Á Lus do Candil. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Á Lus do Candil. Mostrar todas as mensagens
terça-feira, 11 de agosto de 2020
domingo, 11 de agosto de 2019
Ánxel Fole 5
Coma lles foran ben as cousas, tamén había que merendar. Deixaron as bestas
en cas Cosme, na mesma praza da feira, que se chamaba a plazuela da Herba. Ninguén
coma Cosme pra preparar axiña unha merenda. ¡E que bon viño de Chantada tiña!
Alí estiveron outro bon rato, bebendo e parolando... O caso é que cando
chegaron a Canturín xa era noite pecha.
Camiña que te camiña, logo chegaron a Paradela. Antón propoñialle a seu
compañeiro que marcaran unha serrería que se vendía na Puebla. Pedro decíalle
que era millor coller en aparcería o muíño de Moscán. Faríanse ricos en poucos
anos. Mais Antón vía mellor o da serrería. ¿Por qué non a serrera i o muíño?
Ganarían moito máis, qui é do que se trataba. Os dous vían chover onzas do ceo.
Tiñan que atravesar a campa de Xan da Cruz, pois decidiron, pra estar cedo na casa, deixar a carretera e ir polo atallo. Aquila campa é moi grande. Alí encórase moito a iauga polo tempo das choivas da outonía.
"Á Lus do Candil", Ánxel Fole
Tiñan que atravesar a campa de Xan da Cruz, pois decidiron, pra estar cedo na casa, deixar a carretera e ir polo atallo. Aquila campa é moi grande. Alí encórase moito a iauga polo tempo das choivas da outonía.
"Á Lus do Candil", Ánxel Fole
(Ánxel Fole nasceu no dia 11 de Agosto de 1903. Morreu em 1986.)
quinta-feira, 11 de agosto de 2016
Ánxel Fole 2
Antón de Cidrán
Inanque lle pareza mentira, o señor de Sabarei falaba moitas veces conmigo, mao a mao,coma se fora do meu igoal. Era o home máis cómpito do mundo.
Contóume ísto en Lugo, nunha tasca de Mosqueira. Gostáballe moito andar polas tascas, por moi ben traxeado que fose. Moi prantadoil, rebusto e sanguíñeo. Sempre viña a Lugo montado nun cabalo branco.
Antón de Cidrán era un labrego do Páramo que tamén trataba madeiras. O señor de Sabreréi díxome que era home moi botado pra diante e que se gobernaba moi ben na súa casa.
Unha vez veu a Lugo co seu compadre Pedro. Os dous viñeran a cabalo. Era polo San Froilán i o tempo estaba moi lento. Ainda non se fixera o feiral que hai hoxe. Xa sabedes todolos labregos, en tres leguas a redonda, van a Lugo polas festas do San Froilán. Inanque non vaian a mercar nin a vender. Tan soio por velos fuegos e por comelo pulpo. Mais iles foran a Lugo por rematar un contrato de travesas pra vía do tren. Pola mañán fixeran o contrato. Os dous estaban moi ledos, pois quedábanlles libres máis de sete mil reás. Levábanse moi ben e faguían moi bós choios. Nunca rifaran polos seus asuntos. Eran homes moi cabales iles, e non andaban un nin outro con díxome, díxome, nin con pataqueiradas. Tanto custa, tanto che dóu. Mercaron algunhas cousiñas pra as mulleres, e fóronse a comelo pulpo a unha taberna da rúa Miño. Comeron e beberon a embute, voma dous abades. E despóis fóronse ó café Español e tomaron seus cafeses e súas copiñas. E veña unha volta pola feira a velas barracas.
[...]

quarta-feira, 12 de agosto de 2015
Ánxel Fole
Os lobos
Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacan ás persoas. E isto non é certo. O segredario de Caldas foi comido por iles cando voltaba da feira de Viana. Algús dixeron que o mataran por arroubalo, e que despois o comeran os lobos; mais a douscentos metros de ondia o comeran foi atopado un lobo morto coa gorxa afuraiada por unha bala.
"Á Lus do Candil", Ánxel Fole
(Ánxel Fole nasceu no dia 11 de Agosto de 1903. Morreu em 1986.)
Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacan ás persoas. E isto non é certo. O segredario de Caldas foi comido por iles cando voltaba da feira de Viana. Algús dixeron que o mataran por arroubalo, e que despois o comeran os lobos; mais a douscentos metros de ondia o comeran foi atopado un lobo morto coa gorxa afuraiada por unha bala.
Aquiles días viran os pastores unha manada de dez cunha loba con tres
lobecos. Era tempo de neve, e baixaran da serra da Moá. Ó parecer,
despois de esgotados os cartuchos, quixo subirse a un albre, mais non
puido. Alí estaba ó seu carón, o revólver con seis cartuchos baleiros no
lombo. Era un bon revólver americano. Ó sentirse feridos algús lobos,
todos se botaron enriba dil. Si tivera un bon foco eléutrico cecais se
salvara. Ós lobos se non se lles fire de morte é pior. Eu matei un con
dous tiros de postas. Foi morrer tres cantos máis aló de ondia o
asegundara. Atináralle na testa e no fuciño, e iba deixando un regueiro
de sangue. Arrincaba cos dentes os cañotos das xestas. Cecais non se me
arrepuxo porque era de día.
De noite médralles o corazón e son moi valentes. Non vos riades. Tamén
lles pasa iso ós lubicás. O señor cura de Peites tiña un. De noite íbase
ó monte e chamaba ós lobos. Viñan con il. Din que abría os tarabelos
das cuadras coma unha persoa. Unha noite velouno o señor cura. Era un
gran cazador. Tiña un rifle de dez tiros que lle trouguera un sobriño de
California. Meteulle dous tiros seguidos no entrecello ó galgar un
pasadelo. O crego estaba na xanela da reitoral cun foco, i o lubicán
voltaba do monte, polas tres da mañá, acompañado dos lobos. Abrírono i
esfolárono axiña, e viron que tiña o corazón finchado...
¿Sabedes cando se estreven os lobos cos homes? Cando teñen moita fame,
ou cando se decatan de que lles teñen medo. Por iso cáseque nunca atacan
a tres ou máis xuntos. Cando se atopan un home soio pola serra, póñense
a traballalo. Teñen moito distinto... Xa veredes coma o traballan. De
primeiro, acompáñano; despois, póñenselle diante; máis tarde, chéganlle a
zorrega-las pernas cos rabos... Asín, pouquiño a pouquiño. Vén un intre
en que o home xa non pode máis. O medo alporízalle os cabelos.
Parécelle que lle cravaran allambres na testa. Váiselle a voz, perde o
sentido. Xa está perdido. Bótanse os lobos enriba dil i esnaquízano.
Cada vinte anos ou menos, dáse por istas terras un caso dises.
Desaparece un home. Crese que o mataron ou que fuxiu prás Américas. Ó
cabo de dous ou tres anos ninguén fala dil. Un cazador atopa nunha
xesteira unha calivera. ¿De que sería? Así lle aconteceu ó Pastrán de
Vesuña fai moitos anos. Mais si o home non perde o coraxe non se atreven
coíl.
[...]
(Ánxel Fole nasceu no dia 11 de Agosto de 1903. Morreu em 1986.)
Subscrever:
Mensagens (Atom)