Poema ó meu mar
[...]
Toda Galicia é mar.
Vieiras nas tumbas, nas praias, nos cruceiros.
Toda Galicia é mar.
Buguinas de Caión, vellas naves de pedra de Muxía.
Pelouros de Malpica que crebaron as olas
nunha noite de anguria
dun Nadal.
Mar de actinias, mar de cercellas, mar de redes
nas que rebule aínda
a viva prata dunha xouba nova pequeniña
que cecais volva ó mar.
Mar de camiños, mar de vieiros, mar de perelinaxes.
Badías nas que deitanse os vellos barcos cansos.
E non haberá frol - nin o xasmín, nin rosa, nin mimosa de abril
que teña o recendo salobre e garimoso dos algazos.
O mar ten frautas, e cornos, e trombós.
E tamén resoa nos menceres, no rosadiño abrente,
unha gaitiña lene cando vai saíndo do seu seo o sol.
Da mar que eu falo é a máis grande, a máis fermosa das mares.
[...]
Miguel González Garcés
(Miguel González Garcés nasceu no dia 12 de Janeiro de 1916. Morreu em 1989.)
Sem comentários:
Enviar um comentário