quarta-feira, 4 de abril de 2018

Ben-Cho-Shey 2

Os tres irmaus

Eran tres irmaus que decidiran sair polo mundo a se ganala vida e ningún diles sabía falar o castelán, cousa que os traguía moi cavilosos, pois tíñalles dito un veciño que correra moitas terras que pra se non morrer de fame era preciso falar ben o castelán.
Cando estaban discurrindo o que habían de facer chegaron uns castelaos e púxeronse a latricar moi outo. Entón matinaron de se ir chegando a iles i escoitalos pra deprender. Foi primeiro o máis vello i escoitóu que decían nosotros. O home coidóuse sabido dabondo e, voltando moi contente unda os irmaus, díxolles:
- Xa sei falar o castelán; ouvínlles decir
nosotros.
En vista do pronto e ben que o seu irmau deprendera, tamén foi alá o segundo, que chegóu cando un dos castelaos decía
ahora mismo. E correndiño voltóu unda o seus gabándose de que il tamén deprendera o castelán.
- Xa sei decir
ahora mismo, dixo todo fachendoso.
O máis cativo, pra non ser menos, tamén foi ó pe dos forasteiros e ouvíulles decir
está bien, co que xa se coidóu tan sabido como os seus hirmaus.
Como xa sabían falar o castelán, decidiron sair a correr mundo dispostos a se faceren ricos. [...]


"Galicia no Corazón", Ben-Cho-Shey

(Ben-Cho-Shey nasceu no dia 5 de Abril de 1896. Morreu em 1988.)

Sem comentários:

Enviar um comentário