Mostrar mensagens com a etiqueta Ben-Cho-Shey. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ben-Cho-Shey. Mostrar todas as mensagens

domingo, 5 de abril de 2020

Ben-Cho-Shey 4

[...]
Como xa sabían falar o castelán decidiron sair a correr mundo dispostos a se faceren ricos. Mais cando xa estaban en terras de Castela, toparon un día no camiño con un home morto e, como tiñan bo natural, deulles pena dil e collérono pra arredalo da estrada. Niste intre chegaron os garda civís e preguntáronlles:
- "¡Quién mató a ese hombre?".
-
Nosotros, respondéu o máis vello dos irmáns, pra lucir os seus conocementos de castelán.
- "¿Cuándo lo han matado?", volveron preguntar os civís.
-
Ahora mismo, dixo o segundo, pra non se quedar atrás.
- "Entonces, dense Vds. por presos", dixeron os gardas.
-
Está bien, repricóu o máis cativo, tan satisfeito de ver o ben que se enxerguían con aquela xente.
Entón os civís prendéronos e leváronos á cadea onde pagaron ca vida o aldraxe de esquencer a súa lingua pola allea.


"Galicia no Corazón", Ben-Cho-Shey

(Ben-Cho-Shey nasceu no dia 5 de Abril de 1896. Morreu em 1988.)

sexta-feira, 5 de abril de 2019

Ben-Cho-Shey 3

Polos comenzos diste século vinte a Galicia vilega e cibdadán vivía de costas ó agro e afastada da vida rural. O divorcio entre os labregos e os vilegos era casi total. Aquiles vían nas vilas os lugares a onde ían parar os productos do seu traballo en forma de trabucos, de costas dos xuzgados e doutras gabelas que os esquilmaban. Pola sua parte os señoritos vilegos adivirtíanse ríndose dos badocos e facéndoios ouxeto das suas bulras e das suas trasnadas. Fiel refrexo daquil clima é o "Catecismo do Labrego", do Tio Marcos da Portela.
Nembergantes o idioma galego estaba vivo en vilas e cidades e a muiñeira bailábase ainda nos casinos ó final das festas de sociedade. Mais era cousa nidia que a nosa lingoa perdía terreo diante do castelán, víctima da constante e cada vez meirande presión oficial.
A sementeira feita polos precursores foi xermolando e coa revolta espiritual da guerra do 14 agromou ó se crear as Irmandades da Fala fai agora meio século.


"Galicia no Corazón", Ben-Cho-Shey

(Ben-Cho-Shey nasceu no dia 5 de Abril de 1896. Morreu em 1988.)

quinta-feira, 5 de abril de 2018

Ben-Cho-Shey 2

Os tres irmaus

Eran tres irmaus que decidiran sair polo mundo a se ganala vida e ningún diles sabía falar o castelán, cousa que os traguía moi cavilosos, pois tíñalles dito un veciño que correra moitas terras que pra se non morrer de fame era preciso falar ben o castelán.
Cando estaban discurrindo o que habían de facer chegaron uns castelaos e púxeronse a latricar moi outo. Entón matinaron de se ir chegando a iles i escoitalos pra deprender. Foi primeiro o máis vello i escoitóu que decían nosotros. O home coidóuse sabido dabondo e, voltando moi contente unda os irmaus, díxolles:
- Xa sei falar o castelán; ouvínlles decir
nosotros.
En vista do pronto e ben que o seu irmau deprendera, tamén foi alá o segundo, que chegóu cando un dos castelaos decía
ahora mismo. E correndiño voltóu unda o seus gabándose de que il tamén deprendera o castelán.
- Xa sei decir
ahora mismo, dixo todo fachendoso.
O máis cativo, pra non ser menos, tamén foi ó pe dos forasteiros e ouvíulles decir
está bien, co que xa se coidóu tan sabido como os seus hirmaus.
Como xa sabían falar o castelán, decidiron sair a correr mundo dispostos a se faceren ricos. [...]


"Galicia no Corazón", Ben-Cho-Shey

(Ben-Cho-Shey nasceu no dia 5 de Abril de 1896. Morreu em 1988.)

quarta-feira, 5 de abril de 2017

Ben-Cho-Shey

Muiñeiro do afiador
 
Brúa na serra un corisco de morte, 
andan os mircos a oubear co frío, 
xíase a oreta na xerfa do río 
i o arreador sigue sempre o seu Norte.

Pica o Lourén máis que unha caimana 
o suor decorre i empapa a guinea 
i o arreador sin un folgo canea 
bule que bule tras da tarazana. 

Canta no chifre unha muiñeira,
arrinca faíscas a faiña que amola 
e cando remata vaise cara a tola 
para arromanar coa linda toleira. 

Non hai para iste home camiños estranos,
maquina d’arreo todalas guchías 
i as súas andolias ao longo dos días 
avantan bariles polos meridianos. 

Dalle así co a roda cen voltas ao mundo,
cambuza a diario tolas e meixúas 
e despois de andare por todalas rúas
fundese co a terra baixo un ceo de chumbo.


"Berzas", Ben-Cho-Shey

(Xosé Ramón Fernandéz-Oxea, que assinava Ben-Cho-Shey, nasceu no dia 5 de Abril de 1896. Morreu em 1988.)