N-a incrusa
        Renx'o o torno, resoa a campanilla,
        Escóitase un        vaguido:
        Unha nai sin entranas abandona
        N-aquél istante        un fillo.
        Fora, marcha antr'as sombras a esconderse
        Aquela fera        humana;
        Drento, corre unha virxen candorosa
        Y-ô tenro        infante abraza.
        ¡Bendit'a nosa Fé que nunca deixa,
        N-o mundo,        abandonado,
        Ô probe ser, a quén a nai infame
        Privou d'o seu        regazo!
"Muxenas", Amador Montenegro 
(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu em 1932.)
Sem comentários:
Enviar um comentário