sexta-feira, 9 de junho de 2017

Marcial Valladares

Era unha tarde á mediados d'outono de mil oitocentos cincuenta; tarde apacible, que gusto e melancolía daba á un tempo: gusto, porque sentiño estaba todo, fijéras'a vendima e, anque pouco e d'uvas apestadas, fervía ja o mosto n'as bodegas, maduro millo segaban os labradores n'as suas veigas e, n'os soutos, gardando-l-os rapaces-l-as castañas, apañaban os degaros qu'aquí e acola caian d'os ourizos; melancolía, porque case ningunha gala, ningun encanto restaba ja d'a primavera e vrau; montes e campos sin froliñas; terras ond'o centeo e trigo verdearan, árdigas, ou de color rajado; froiteiras, sin froita n'os eijidos; bosques e carballeiras, inda verdeando, si, pro en silencio e amostrando tal cal rama niños de pajáros viajeiros qu'alí cantaron; viñas co-a folla medio amarela e entr'as vimieiras, ou n'a enramada, anunciando o papo-rubio a vinda d'o triste inverno. Era unha tarde, en fin, e tres señoras, Otilia, sua nai e Adria, donjela d'esta, saindo á cousa d'as duas e media de Santiago, marchaban por Sar abaijo dereito á Angrois, todas en bestas d'arquiler e acompañadas de Leto, arquilador virollo, de poucas falas e que, mangas de camisa, iba braceando diante. [...]

"Majina ou a Filla Espúrea", Marcial Valladares

(Marcial Valladares nasceu no dia 10 de Junho de 1821. Morreu em 1903.)

Sem comentários:

Enviar um comentário