segunda-feira, 12 de junho de 2017

Xaime Quintanilla

[...]
Fuco - (A Maruxa) Anda, muller: entra. Non se vé limentiño d'iste mundo. Ti conoces millor qu'eu a sala.
Maruxa - O que ti tés é medo. (
Entrando no estrado e andando âs apalpadas)
Fuco - ¿Medo eu?
Maruxa - Si, ti. ¿Seica non? (
Chega a unha das fenestras e ábrea. O sol, entra, choutadore, pol-a sala adiante) ¡Dios nos dea lus!
Fuco - E ollos pra vela. (
Entra el tamén. Entr'os dous abren as tres fenestras da esquerda. Brila o polvo e asomella ouro dirritido)
Maruxa - ¿Pasouch'o medo?
Fuco - Mira, muller... Eu non entrei eiquí, no estrado, endexamais. E como tesme falado tantas cousas d'esta sala, cousas de medo... xa se vé.
Maruxa - (
Lembrando) Eiquí morreu ¡coitada! a miña señora. Era un día com'o d'oxe: un día d'espeto. O sol era un sol ledo, que ficaba nos campos, facendo surrir as froles. A miña señora erguíase aquel día, por pirmeira ves, do leito, dimpois de nascer a señorita. Veu pra eiquí, pol-o serán, ¡tan branca, tan bonita! Achegouse a ista fenestra (amosando a do medio) e respirou o sol con ledicia. Y-eisí quedou morta, de repente, sin xemer, ¡branquiña com'unha pomba!
Fuco - ¿E dendes d'aquela?...
Maruxa - Dendes d'aquela non pasou nada, hastra que marchou o señor, fai d'isto tres anos. Axiña que marchou, deixando eiquí â señorita Lela, con nosco, encomenzaron a pasar cousas raras...

[...]

"Donosiña", Xaime Quintanilla

(Xaime Quintanilla nasceu no dia 13 de Junho de 1898. Morreu em 1936.)

Sem comentários:

Enviar um comentário