[...]
Sr. Cura - (Ôs xogadores) Con permiso... O espritismo, señora, é cousa do diaño. (Siguen xugando) Esto non quere decir que seia cousa mala, pois o diaño, pra nos engayolare, âs veces fai cousas - non direi boas - pro si sorprendentes. Quizáves, si; a sua ánema fose, n'outros tempos, unha ánema xemela da grande músico. ¿Quén sabe a verdade?
Andrés - ¡A verdade! ¿Vosté coida, Sr. Cura, que non é posibre sabere a verdade?
Sr. Cura - Toda enteira, non. Anaquiños d'ela, si. Ô que pasa, meu señor, é qu'as veces un anaco de verdade a coidamos a verdade enteira.
Euxenio - Codillo, Sr. Cura. Desquiteime.
Sr. Cura- O diaño da conversa mo fixo. Descuideime. Eu debin lle poñere o rei de bastos.
Andrés - Esa era a xugada, pro de parte non podía se librare.
Euxenio - Deixaremol-o xogo pra mañán...
Andrés - Por min...
Lela - Estou pensando, Sr. Cura... ¿Vosté crê nos mortos?
Sr. Cura - ¿Cómo si creio nos mortos?
Lela - Quero decire si crê na sua presencia, en que poidan nos dirixiren, nos alentaren, conviviren con nosco...?
Sr. Cura - ¡Ouh, rapaza, rapaza! ¡Pois non te metes ti en poucas enfunduras! Xa che teño dito qu'eu creio en todo... menos no pecado. ¡Eu que sei, miña nena! Pergúntallo ô teu pai, qu'é home de mundo.
Andrés - Vosté, Sr. Cura , é home de fé e a fé será dona do mundo.
[...]
"Donosiña", Xaime Quintanilla
(Xaime Quintanilla nasceu no dia 13 de Junho de 1898. Morreu no dia 18 de Agosto de 1936.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Xaime Quintanilla. Mostrar todas as mensagens

sábado, 18 de agosto de 2018
terça-feira, 13 de junho de 2017
Xaime Quintanilla
[...]
Fuco - (A Maruxa) Anda, muller: entra. Non se vé limentiño d'iste mundo. Ti conoces millor qu'eu a sala.
Maruxa - O que ti tés é medo. (Entrando no estrado e andando âs apalpadas)
Fuco - ¿Medo eu?
Maruxa - Si, ti. ¿Seica non? (Chega a unha das fenestras e ábrea. O sol, entra, choutadore, pol-a sala adiante) ¡Dios nos dea lus!
Fuco - E ollos pra vela. (Entra el tamén. Entr'os dous abren as tres fenestras da esquerda. Brila o polvo e asomella ouro dirritido)
Maruxa - ¿Pasouch'o medo?
Fuco - Mira, muller... Eu non entrei eiquí, no estrado, endexamais. E como tesme falado tantas cousas d'esta sala, cousas de medo... xa se vé.
Maruxa - (Lembrando) Eiquí morreu ¡coitada! a miña señora. Era un día com'o d'oxe: un día d'espeto. O sol era un sol ledo, que ficaba nos campos, facendo surrir as froles. A miña señora erguíase aquel día, por pirmeira ves, do leito, dimpois de nascer a señorita. Veu pra eiquí, pol-o serán, ¡tan branca, tan bonita! Achegouse a ista fenestra (amosando a do medio) e respirou o sol con ledicia. Y-eisí quedou morta, de repente, sin xemer, ¡branquiña com'unha pomba!
Fuco - ¿E dendes d'aquela?...
Maruxa - Dendes d'aquela non pasou nada, hastra que marchou o señor, fai d'isto tres anos. Axiña que marchou, deixando eiquí â señorita Lela, con nosco, encomenzaron a pasar cousas raras...
[...]
"Donosiña", Xaime Quintanilla
(Xaime Quintanilla nasceu no dia 13 de Junho de 1898. Morreu em 1936.)

Subscrever:
Mensagens (Atom)