[...]
Sr. Cura - (Ôs xogadores) Con permiso... O espritismo, señora, é cousa do diaño. (Siguen xugando) Esto non quere decir que seia cousa mala, pois o diaño, pra nos engayolare, âs veces fai cousas - non direi boas - pro si sorprendentes. Quizáves, si; a sua ánema fose, n'outros tempos, unha ánema xemela da grande músico. ¿Quén sabe a verdade?
Andrés - ¡A verdade! ¿Vosté coida, Sr. Cura, que non é posibre sabere a verdade?
Sr. Cura - Toda enteira, non. Anaquiños d'ela, si. Ô que pasa, meu señor, é qu'as veces un anaco de verdade a coidamos a verdade enteira.
Euxenio - Codillo, Sr. Cura. Desquiteime.
Sr. Cura- O diaño da conversa mo fixo. Descuideime. Eu debin lle poñere o rei de bastos.
Andrés - Esa era a xugada, pro de parte non podía se librare.
Euxenio - Deixaremol-o xogo pra mañán...
Andrés - Por min...
Lela - Estou pensando, Sr. Cura... ¿Vosté crê nos mortos?
Sr. Cura - ¿Cómo si creio nos mortos?
Lela - Quero decire si crê na sua presencia, en que poidan nos dirixiren, nos alentaren, conviviren con nosco...?
Sr. Cura - ¡Ouh, rapaza, rapaza! ¡Pois non te metes ti en poucas enfunduras! Xa che teño dito qu'eu creio en todo... menos no pecado. ¡Eu que sei, miña nena! Pergúntallo ô teu pai, qu'é home de mundo.
Andrés - Vosté, Sr. Cura , é home de fé e a fé será dona do mundo.
[...]
"Donosiña", Xaime Quintanilla
(Xaime Quintanilla nasceu no dia 13 de Junho de 1898. Morreu no dia 18 de Agosto de 1936.)
Sem comentários:
Enviar um comentário