quarta-feira, 22 de agosto de 2018

Isaac Díaz Pardo

Teatro en Israel

Comedia, menos divina que a do Dante, realizada en escenario dixital en ondas de alta frecuencia semi-electro-magnéticas, imposible de interferir. (Os parecidos coa realidade son pura coincidencia).

Busche: - Artiel, non teño máis remedio que decir que o meu pedido de que te retires dos territorios que ocupache e que deixes en liberdade a Arafate o digo en serio. Pero ti non me fagas caso, o digo só para a galería. Ti sigue zoupando neles até que non quede un deses que son capaces de morrer matando antes de deixar esta terra.
Sarrón: - ¿Non haberá perigo de que escoiten o que me dis?
Busche: - Non, Artiel. Só ti coñeces a clave.
Sarrón: - Ti moito dis, mais póñenme todos a parir dicindo que o terrorista son eu. E ti tampouco te salvas.

[...] 

Isaac Díaz Pardo

(Isaac Díaz Pardo nasceu no dia 22 de Agosto de 1920. Morreu em 2012.)

Sem comentários:

Enviar um comentário