Carmelón era unha muller da rúa; aitiva, falangueira, arrufada. Andaría polas beiras dos corenta. Xa non tiña os dentes todos, anque poucos lle faltaran. Daquela, os dentistas aínda estaban pouco en moda ou nada, fora dos que polas leira e pol-as prazas sobidos a unhas táboas arricaban moas ou dentes a toque de campaiña. Quitaban, pero non poñían. De xeito que o ver xente desdentada era cousa corrente. E a Carmelón, a carrileira non lle estaba mal de todo. A todo se daba, tamén ila: facer mandados, fregar pisos e escaleiras, sobir auga, e por ahí, tendo bastante quen utilizara os seus servizos. Non tiña roparo, e faciao, con adoito, en acompañar a viaxantes de comercio que, parando na Vila, fixeran algún viaxe a puntos distantes por calquera das carreteiras que a cruzan, Codeseda, por exempro, para levarlle os embrullos, a mostrarlle o camiño, ou prás dúas cousas a un tempo.
Algunha vegada chegaba, ou chegaban, ben tardeiro, xa con noite bastante pecha e cando así falando lle alodían ó caso en ves de noxarse, ríase a escachar levando a broma hastra onde se quixera.
Manuel García Barros
(Manuel García Barros, aliás Ken Keirades, nasceu no dia 16 de Novembro de 1876. Morreu em 1972.)
Sem comentários:
Enviar um comentário