Había aquela noite moita foliada n-a cuciña, e todos estaban ao redor do lar esperando á ver cándo estaban cocidas as castañas de que estaba acugulada unha gran cazola ao pe do lume. O lar d'aquí á pouco era coma unha eira: cadrado, lousado e erguido sobr'o chan coma unha carta. D'os lados tiña unhos longos tallos con alto respaldo disposto de tal xeito, que cando cumpría, baixábano por sobre d'a cabeza d'os que estaban sentados, e servíalle de mesa. No medio do lar estaba encolgado do burro ou augarelo un caldeiro desconforme cheo de auga fervendo aos cachóns.
Parecía unha estrañeza que houbese tanta troula n-aquela casa onde desde tanto tempo non había máis que loito e negra trestura. Mais había duas razóns pr'aquela trisca: unha as castañas cocidas, e outra certas novas que trouxera un moordomo que chegara en posta de terra de Castela preto de Ourense.
As castañas conservábanas verdes n-unhas grandes covas que facían n-a bodega e metíanas n-elas, capa de castañas, capa de area. Pol-o vrao soíanas cocer unha vez á a somana; e o día que as cocían sempre se celebraba aquél difrente coma si fora unha gran festa."O Niño de Pombas", Antonio López Ferreiro
(Antonio López Ferreiro nasceu no dia 9 de Novembro de 1837. Morreu em 1910.)
Sem comentários:
Enviar um comentário