¿Qué as rexión ibéricas son fillas de Hespaña? Tódolos cursis (antréles Maura e Alcalá Zamora) ceiban iste tópico, coidando un argumento a metáfora. Pois ben, non perciso gastar o miolo pra afirmarmos que isa abstraución chamada Hespaña é filla das rexións. Primeiro foron as rexións que Hespaña.
¿Qué lle debe Galiza a Hespaña? Como non sexa o caciquismo bárbaro que nos asoballa, o non sabemos e si alguén hai que o seipa que nolo diga, aínda que sexa con música de Valverde, Chueca ou Serrano. Fágase, fágase cada galego esta pergunta e contéstea na intimidade da sua concencia. É a pergunta máis lumiosa.
¿Qué sería en troques Galiza de non terse feito a unidade hespañola ou de chegar aínda hoxe a formar con Portugal unha nazonalidade? Cabeza xeográfica da Lusitania, os seus portos de Vigo e a Cruña, pola adiantada posizón atlántica, serían máis importantes que Porto e Lisboa. Portos relacionados con tódalas colonias portuguesas e nazós americáns de fala portuguesa e tamén con Norteamérica e demáis repúblicas do novo continente; Ferrol, entón, resultaría a gran fautoría de industrias navás que Hespaña desprecióu. E Galiza asín, en pleno desenrolo dos seus valores materiás e do seu esprito na propia lingua, non sería aldraxada como foi decote dendo século xv polo catelanismo hexemónico.
¿Incondicionaes de Hespaña? A incondicionalidade é escravitú. A incondicionalidade inda non se da no senso natural para que poida dárese no senso político. Condicional é o máis respestábel da vida: a relación entre pais e fillos, dentro da familia. ¿Cómo poden existir parvos que falen da santa incondicionalidade a un Estado, sempre cousa artificiosa e mudábel?
Antón Villar Ponte
(Antón Villar Ponte nasceu no dia 2 de Outubro de 1881. Morreu em 1936.)
Sem comentários:
Enviar um comentário