As duas amigas
Ben sei que âs nenas gústanvos os contos de encantos; mais os encantos teñen cáseque sempre unha aparencia que abraya e unha realidade que, en conocéndoa, é a cousa mais sinxela da vida.
Esto pasaba antre duas amiguiñas: Ádega e Carmeliña.
Carmeliña tiña un encanto, dicía ela, que lle daba colares, pulseiras, vestidos e ata larpeiradas. Ádega endexamais podía disfroitare de aqueles lilalos, de aquelas lambetadas; porque a sua nai, que era probe, non podía depararllas; e Ádega, que era amiga de Carmeliña, tíñalle por aquela diferencia, por aquel privilexio, un pouquichiño de envexa.
Carmeliña estrenaba un vestido.
-¡Qué vestido lindo trás! - dicíalle Ádega - ¿mercoucho a tua nai? - Non; a miña nai é tan probe como a tua; tróuxomo o meu encanto, repricaba ela rindo.
-¿E cómo é o teu encanto? - perguntoulle unha vez Ádega - ¡Se eu poidera tér outro encanto que me
dera cousas! - sospiróu.
- Podes - díxolle Carmeliña - ; é a cousa mais doada. Eu, cando quero algo, voume para casa, estoume un anaco atenta, sen boligar, e digo:
Meu encanto, meu encanto,
axúdame no que pido,
quero un vestidiño novo;
damo tí, que és meu amigo
e xa que che quero tanto
e ao día seguinte ou pouco mais, aparez o meu vestido novo, ou o que lle pida - e rîu ditosa.
[...]
"Obra Inédita e Esquecida", Leandro Carré Alvarellos
(Leandro Carré Alvarellos nasceu no dia 30 de Agosto de 1888. Morreu em 1976.)
Sem comentários:
Enviar um comentário