quinta-feira, 22 de junho de 2017

Antonio Fernández Pérez 2

A partir deste momento non necesito tomar apuntes das leccións ás que veño asistindo na Escola Politécnica de Maipú. A miña amiga Tota Padín ofreceume o gravador electrónico que ela xa non necesita. Así que o meu caderno de follas raiadas, que eu pensava encher con apuntes de literatura arxentina, podo utilizalo desde hoxe para ir anotando nel as contraposta impresións que a presencia dun enigmático viaxante de comercio nos causou e nos continúa causando a partir da hora en que apareceu na nosa casa feito un coitadiño.

"Crónicas de Onte e de Hoxe", Antonio Fernández Pérez 

(Antonio Fernández Pérez nasceu no dia 22 de Junho de 1909. Morreu em 1999.)

Sem comentários:

Publicar um comentário