terça-feira, 18 de outubro de 2016

Silvio Santiago

Veu a noite. Noite quente, estrelecida, a medio luar; noite lírica, palpitante, cascabeleira. Embrullado na miña manta, a poucos metros dos compañeiros, deitado panza arriba, os ollos cara ás estrelas, funme adomecendo ó compás do ritmo cósmico. Esperteime pasada a media noite, receoso agora de tanta soidade, de tanto acougo. Deixeime estar á espreita daquel sosego, e sentín a sonoridade do vacío e o fragor do silencio a xerminarme nas tempas.

"O Silencio Redimido", Silvio Santiago

(Silvio Santiago nasceu no dia 18 de Outubro de 1903. Morreu em 1974.)

Sem comentários:

Publicar um comentário