[...]
¡Non chores! Eu vou â guerra
porque España me percisa;
si morro por seu honor,
¡bendita a morte! ¡bendita!
Chincharras e verderoles,
pardillos, mérlos, serís;
apadrinade o meu canto:
¡qué non s'esquenza de mín!
Respirou, c'o teu alento,
y-o pampallár tivo vida,
¡quén morre, si a menciñeira
con groria fái a menciña!
Pr'os páxaros, n'un bimbe,
puxéche visgo,
y-a pouco, prisioneiro
fói un pardillo;
sorte d'o diaño:
por ter tan linda dona
fora eu escravo
Desfeita sua nái en pranto,
mil bicos lle daba ô ánxel;
cando él non volveu en sí,
¡quén fái conta de milagres!
[...]
"Aturuxos", Ramón Armada Teixeiro
(Ramón Armada Teixeiro nasceu no dia 14 de Setembro de 1858. Morreu em 1920.)
Sem comentários:
Enviar um comentário