O Rei do Araño
Feliberto Papías era un mozo de dez e nove anos, aínda sin bigote, e sin espranzas de telo, porque no labeo de xunto a nariz tuvera unha escaldadura de marca maor.
Tiña por oficeo barbeiro e sacamoas os domingos; sancristán da capilla anexa da parroquea todas as mañáns da semana: xornaleiro pra calquer traballon as demais horas do día; pois tanto remendaba pantalóns, como facía cestos; o mesmo lle daba move-la terra co legón, ou serrar pinos, como podar figueiras e ir pescar troitas.
Da comida nunca se queixaba, gustáballe a que facían os pais e tamén a que lle daban en casa allea: "Filiberto, lle decía súa nai: hoxe o caldo non che ten máis que berzas; mentellas non quedan sinón medeo ferrado pra a semente: leite non convén sacarllo a vaca pra que mañán teña bo ubre na feira: xurelos non viñeron á praza: ovos, xa ves que as galiñas andan todas chocas; se queres fágoche na tixola unhas pataquiñas cunha cebola..." ¿Pro acaso lle pido compango? Tras dunha cunca, veña outra de caldo, e verá como a barriga medra..." Filiberto, lle decían cando iba ó xornal; ímoche dar de cea uns poucos belberechos asados na casola cunha copiña de augardente...
- Xa sabedes que meus pais non me criaron comprementeiro; dádeme auga con azucre ou con tona e bolo do pote, e xa estou satisfeito...
[...]
Fortunato Cruces
(Fortunato Cruces nasceu no dia 11 de Junho de 1870. Morreu em 1961.)
Sem comentários:
Enviar um comentário