O Rei do Araño
Feliberto Papías era un mozo de dez e nove anos, aínda sin bigote, e sin espranzas de telo, porque no labeo de xunto a nariz tuvera unha escaldadura de marca maor.
Tiña por oficeo barbeiro e sacamoas os domingos; sancristán da capilla anexa da parroquea todas as mañáns da semana: xornaleiro pra calquer traballon as demais horas do día; pois tanto remendaba pantalóns, como facía cestos; o mesmo lle daba move-la terra co legón, ou serrar pinos, como podar figueiras e ir pescar troitas.
Da comida nunca se queixaba, gustáballe a que facían os pais e tamén a que lle daban en casa allea: "Filiberto, lle decía súa nai: hoxe o caldo non che ten máis que berzas; mentellas non quedan sinón medeo ferrado pra a semente: leite non convén sacarllo a vaca pra que mañán teña bo ubre na feira: xurelos non viñeron á praza: ovos, xa ves que as galiñas andan todas chocas; se queres fágoche na tixola unhas pataquiñas cunha cebola..." ¿Pro acaso lle pido compango? Tras dunha cunca, veña outra de caldo, e verá como a barriga medra..." Filiberto, lle decían cando iba ó xornal; ímoche dar de cea uns poucos belberechos asados na casola cunha copiña de augardente...
- Xa sabedes que meus pais non me criaron comprementeiro; dádeme auga con azucre ou con tona e bolo do pote, e xa estou satisfeito...
[...]
Fortunato Cruces
(Fortunato Cruces nasceu no dia 11 de Junho de 1870. Morreu em 1961.)
Mostrar mensagens com a etiqueta A Obra Narrativa en Galego de Fortunato Cruces. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta A Obra Narrativa en Galego de Fortunato Cruces. Mostrar todas as mensagens
terça-feira, 11 de junho de 2019
Fortunato Cruces 3
Etiquetas:
A Obra Narrativa en Galego de Fortunato Cruces,
cultura,
Fortunato Cruces,
literatura,
livros,
O Rei do Araño,
série Escritores
segunda-feira, 11 de junho de 2018
Fortunato Cruces 2
Unha mañán, como de costume, xicaba Alberto da horta das verduras ós paxaros e galiñas que nas follas iban peteirar, cando no instante o chamou un curmán, pedíndolle de favor que fose á vila buscar ó Notareo pra facerlle o testamento do pai, que, sigún decía o ciruxano, a vida del estaba presa dun fío.
- E ti, meu curmán - (lle contestou Alberto) - ¿sabes si teu pai está disposto a firmar ese papel?
[...]
"Os folgos dun vello", Fortunato Cruces
(Fortunato Cruces nasceu no dia 11 de Junho de 1870. Morreu em 1961.)
- E ti, meu curmán - (lle contestou Alberto) - ¿sabes si teu pai está disposto a firmar ese papel?
[...]
"Os folgos dun vello", Fortunato Cruces
(Fortunato Cruces nasceu no dia 11 de Junho de 1870. Morreu em 1961.)
Etiquetas:
A Obra Narrativa en Galego de Fortunato Cruces,
cultura,
Fortunato Cruces,
literatura,
livros,
Os folgos dun vello,
série Escritores
domingo, 11 de junho de 2017
Fortunato Cruces
Recordando a miña terra e a Rosalía Castro
alcontran
sinón mozas graceosas, rapaces divertidos e vellos con cara de salú.
Na provincia da Cruña e pretiño da vila de Padrón, hai unha aldea que lle chaman Lestrove, que anque pequena, é moi bonita i alegre; e Dios, así como hermoseou Galicia enteira con destintas riquezas, marabillas, encantos e pinturas, tampouco apartou os ollos daquel lugar, facendo nacer unha fror en cada palmo de terra.
Alí os veciños, teceláns e labradores, probes pro moi risoños e cheos de robustez, teñen ó lado dos seus casuchos, xerdíns de verduras e figueiras, e por calquer camiño que se atrevese, non se
alcontran
sinón mozas graceosas, rapaces divertidos e vellos con cara de salú.
Empezan as faenas dos traballos ó sentirse chiar os eixes dos carros que pasan
pola carreteira real con leña prás vilas, e millo prós mercados, ou cando se oí
a crara voz dun compoñedor de cestos que vai pregoando seu oficeo polas tortas
calles, ó mesmo tempo que os raios do sol aparecen por cima dos montes e os
melros redobran nas ponlas de carballos e bieiteiros.
Á man dereita, mirando ó sur, e no alto do lugar, xunto duns muíños, está unha antigua casa, xa un pouco desfeita polas ducias de anos que pesan nela, e noméase "Torre dos Hermidas", tendo na fachada dous escudos de nobreza.
Arrimado a ese castillo, hai unha longa eira de chan lousado e ó seu redor uns ringreiros de naranxos, noceiras, granadas, olivos e loureiros.
Estar alí sentado é unha delicea, non soilo por ver tantas crás de frutales, tantas follas verdes, rosas e caraveles, sinón tamén mirando como unha fonte solta auga por tres caños, que se esparrama por uns regueiros pra refrescar as herbas dunhas anchas campías: volvo a decir, alí énchense de sangre as venas que están sequiñas, e os corpos enfermos crían forza, porque o aire que se respira vén dun bosque de pinos mansos, e oise o baralluso canto dos gorreóns mesturado co dos lavercos e pardillos: vense as veigas traballadas e galeóns que andan de pesca por xunto das "Torres do Este" entre a Puebla e Rianxo.
[...]
Fortunato Cruces
(Fortunato Cruces nasceu no dia 11 de Junho de 1870. Morreu em 1961.)
Subscrever:
Mensagens (Atom)