A carantoña do xastre
- Veña ese conto, tio Lareira!
- Si, si, veña ese conto!
- Aquí ten sitio, xunt'o lume. Arrechèguese acá!
- Tio Lareira! conte o conto do crego e mail-a raposa!
- Deixádevos de cregos e de mala intencios. A calar todo o mundo.
- Mire que não haxa trasnos nin meigas, tio Lareira, que me poñen moito medo e dempois parés que os levo metidos nos corpo...
- Queres calar, rapaza?
O tio Lareira botou tras da orella unha guedelliña branca que lle guindaba pol-as fazulas, acomodou a monteira no curuto e, rindo coma un zoco vello, dixo:
- Era unha ves un xastre... Pero botade pra acó un gotiño do da terra. Hay xastres que sin goto non corren...
[...]
"Contos Gallegos", Urbano González Varela
(Urbano González Varela nasceu no dia 3 de Março de 1868. Morreu em 1906.)
Sem comentários:
Enviar um comentário