Mostrar mensagens com a etiqueta Urbano González Varela. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Urbano González Varela. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 3 de março de 2021

Urbano González Varela 4

¡Ela!

[...]
Foi ela. Era unha onda
do rio, mansa e leda;
pura com’unha aurora,
com’unha pomba, tenra;
tiña n-as aas a cor das margaridas,
tiña n-a frente o sol das primadeiras;
y-era onda e muller, esfinxe e santa,
era corpo, era idea!

¿Qué voz, qué lei, qué forza
sacode a catalepsia
do curazón dormido,
e puxante o desperta?
N-ese ridor crepúsculo da vida,
n-esa frorida veiga
que chaman mocedá, ¿qué lus estrana
fai alcender as almas dos poetas?
¿Qué fulxida rayola
¡érguete! escribe n-as profundas trebas?

[...]

Urbano González Varela

(Urbano González Varela nasceu no dia 3 de Março de 1868. Morreu em 1906.)

terça-feira, 3 de março de 2020

Urbano González Varela 3

¡Ela!

[...]
Foi ela. Era unha onda
do rio, mansa e leda,
leve como o voar das anduriñas,
Fonda com'os carrunchos da concencia.
Eu ben a vin: tiñ'o mirar d'esfinxe,
tiña a altivez de reina,
era feita de bágoas,
era feita de brétemas.

O rio, maino, maino,
iba bicando as follas da ribeira,
furtando en cada bico un amoroso
agarimo da terra;
iba como quen palpa,
quediñamente, a cegas,
baixando pol-os seos
do seu leito de pelras.
Iba doce, esmayado
com'as grinaldas murchas da tristeza;
y'era eiqui todo lus, límpido espello
da scintilante esfera;
y era alá, baixo a coba das ramaxes
todo negrura, noite sin estrelas!...
[...]

Urbano González Varela

(Urbano González Varela nasceu no dia 3 de Março de 1868. Morreu em 1906.)

domingo, 3 de março de 2019

Urbano González Varela 2

A carantoña do xastre

- Veña ese conto, tio Lareira!
- Si, si, veña ese conto!
- Aquí ten sitio, xunt'o lume. Arrechèguese acá!
- Tio Lareira! conte o conto do crego e mail-a raposa!
- Deixádevos de cregos e de mala intencios. A calar todo o mundo.
- Mire que não haxa trasnos nin meigas, tio Lareira, que me poñen moito medo e dempois parés que os levo metidos nos corpo...
- Queres calar, rapaza?
O tio Lareira botou tras da orella unha guedelliña branca que lle guindaba pol-as fazulas, acomodou a monteira no curuto e, rindo coma un zoco vello, dixo:
- Era unha ves un xastre... Pero botade pra acó un gotiño do da terra. Hay xastres que sin goto non corren...
[...]

"Contos Gallegos", Urbano González Varela

(Urbano González Varela nasceu no dia 3 de Março de 1868. Morreu em 1906.)

terça-feira, 24 de abril de 2018

Urbano González Varela

¡Ela!

¡Non foi, non foi a lua,
non foi a diosa meiga,
albo cisne de neve,
vago craror das vívidas estrelas.
¡Non foi, non foi a lua!
¡Foi ela, foi ela!


Non foron as aladas
malencónicas lendas,
sereas como os lagos,
como os lumiares da verdad'eternas;
Non foron os delirios,
¡Foi ela, foi ela!


Zoar dos piñeirales,
arrulos d'a arboreda,
zongue-zongue dos ventos
entr'os brazos titans da carballeira,
¡non fúchedes vosoutros!
¡Foi ela, foi ela!

[...]

Urbano González Varela

(Urbano González Varela nasceu no dia 3 de Março de 1868. Morreu no dia 24 de Abril de 1906.)