sexta-feira, 26 de outubro de 2018

Maria Xosé Queizán

Ideal de saúde mental feminina

Ponte guapa sumisa maquillaxe abnegada,
masaxe dependente depilación
pasiva bronceado maternal
suave peluquería emotiva
limpeza de cutis e ri

Ponte tacóns e ri
Ponte riquiña e ri
Ponte debaixo e ri
Ponte preñada e ri
Ponte a fregar e ri
 

Como non delirar?

Algo como un desgarrado ouveo
unha rabia alimentada por mil avoas silenciosas
estertor e furia.
 

Ponte quieta!
Histérica!
Contra natura!
Non coñeces os límites?

Como non delirar?
 

Delira! Delira! Está delirando!
 

Reclusión! deciden
 

Fogar ou manicomio?
A elixir...


"Non o Abras Como Unha Flor", Maria Xosé Queizán

(Maria Xosé Queizán foi anunciada como co-vencedora do Prémio Otero Pedrayo, partilhando o galardão com a professora e pedagoga Antía Cal)

Sem comentários:

Enviar um comentário