sexta-feira, 26 de outubro de 2018

Antón Tovar 2

Eiquí

Non teño outras certezas máis seguras
que a certeza mortal das criaturas.
Onde elas me agarimo e me demoro,
i en longa despedida canto e choro.
Abóndame que a vida faga acenos
dende o mar pequeniño duns centeos.
Dádeme o sol da terra, o sol do mar,
e que me queime a vida hasta o final.
Dádeme o sol, e que me queime os días,
que me queime o pensar i as agonías.
Teño medo das longas aventuras
que adivina o conceito antre as negruras.
Que non teño certezas máis seguras
que a certeza mortal das criaturas.
A certeza de telas ó meu xeito,
pedra prás maus e non conceito.
Son o que son, deixaime niste ser,
deixaime no solciño froitecer.


"Arredores", Antón Tovar

(Antón Tovar nasceu no dia 26 de Outubro de 1921. Morreu em 2004.)

Sem comentários:

Enviar um comentário