segunda-feira, 13 de agosto de 2018

Xoán Cuveiro Piñol

Os misterios dunha empanada

Era eu inda moi noviño cando sucedeu o que vou a contar. Acababa de terminarse a derradeira guerra civile de Portugal: os miguelistas vincidos tiveron que fuxir imigrando a España, pasando moitos por Valença do Miño a Tui, astra chegar á Cruña. Acó tocoulle a miña boa nai aloxar o Capitón Sr. Manoel Leite, que en compaña do seu asistente Lourenzo, e do seu can Marruco, tomou posesión de toda a casa, sin deixar a cuciña, pois era o tal Capitón un grande larpeiro.
O segundo día de estanza na casa ó chegar eu da escola percibín certo cheiro a pan quente, asín como cando sae do forno; eu, malpocadiño, pinsei pra min que quizaes o Capitón gostase do pan quente, mais logo tiven que cambear de ideia, ó ver enriba dun arcaz que tiñamos na cuciña unha grosa empanada, como de tres ou catro libras de masa, que eu mesmo tentei, e vin que non tiña dúbida que era empanada.
Reloucando de gosto, como todo rapaciño que non se dá conta dunha cousa nova,ou que poucas veces se ve pola casa, púxenme a atisbar a furtadelas, a ver cando se abría a empanada, pois contaba con que algo dela me tocaría anque non fose máis que un corrosco de pan; mais cal sería meu asombro ó ver que o Sr. Manoel Leite, coitelo en mau, abre a dichosa empanada e apareceu no fondo dela nada menos que dúas grandes chalrreteras de prata, tan limpas cal si acabasen de saír da frábica. O desencanto foi, como poden supoñer os meus leitores, grande, e perguntando de certo modo a Lourenzo, díxome que asín se limpaba a prata e o ouro no Portugal.


Xoán Cuveiro Piñol

(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)

Sem comentários:

Enviar um comentário