Poema ó meu mar
[...]
Sentín na miña infancia nos cabezos
o podente cachón, os espumallos,
o buligar das ondas cantareiras,
os fuxidíos peixes nas pucharcas,
a beleza acouchada nas actinias,
a follaxe de xebras e calocas,
o coruscar de pelra dos finxidores nacres.
Afastado en recunchos ollei moito para o mare.
Tamén ele era espello cunha sombra bulinte
no fondo de min mesmo.
Ás veces dáme medo
o témero, o impoñente, o subrime, orguloso e maxestoso mare.
Ás veces é un laio, un sospiro entre conchas
ó pe dos castiñeiros. Un irmán homildoso
cáseque supricante.
E quixera doarlle a bronquedá dos montes,
o cántico dos merlos,
o voar nos abrentes de anduriñas,
a luz tremelucente de roseiras,
a música de fonte bulidora
na taza dalgun craustro esmorecido.
Tamén sabe o meu mar das sombras dos carballos,
das pregarias dos cons, dos muros das eirexas,
dos peiraos nos que bulen as ondas pracenteiras.
[...]
Miguel González Garcés
(Miguel González Garcés nasceu no dia 12 de Janeiro de 1916. Morreu em 1989.)
Sem comentários:
Enviar um comentário