FIDALGO. Bos días che dea Dios.
PASCOALA. (Deixando de pineirar)
Chegue osté moi ledo a velos.
FIDALGO. (Pousando a escopeta n'a hucha)
En apertal'os farelos,
Ánsea vou vendo que pós.
PASCOALA. Traballo danme d'abondo,
Qu'ê moi toupida a pineira.
FIDALGO. ¿O teu home?
PASCOALA. Vai n'a feira.
FIDALGO. ¿E teu sogro?
PASCOALA. Aló n'o fondo
D'as chouzas de Rebordelos Editar
Rouzar un pouco d'estrume;
Un para corte, algún pro lume.
¿Vostede quixera velos?
FIDALGO. Quixera; mais a ucaseón
D'estares soila aporveito,
Pois quero contarche a eito
Un mal qu m'afrixe.
PASCOALA. ¿Entón?
"O Fidalgo", Xesús San Luís Romero
(Xesús San Luís Romero nasceu no dia 9 de Setembro de 1872. Morreu em 1966.)
"O Fidalgo", Xesús San Luís Romero
(Xesús San Luís Romero nasceu no dia 9 de Setembro de 1872. Morreu em 1966.)
Sem comentários:
Enviar um comentário