Mostrar mensagens com a etiqueta Xesús San Luís Romero. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xesús San Luís Romero. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 9 de setembro de 2019

Xesús San Luís Romero 3

[...]
Eu, manido pol-os anos
a vello vín de rapas,
ti no mesmo sitio estás
de cote ollando pr'o ceo;
víchesme d'alento cheo,
escoitache o meu rezar,
i-agora estás a mirar,
murchado o meu curasón,
como nin podo falar
e cuase un cadavre son.
[...] 

"A Volta do Bergantiñán", Xesús San Luís Romero

(Xesús San Luís Romero nasceu no dia 9 de Setembro de 1872. Morreu em 1966.)
 

domingo, 9 de setembro de 2018

Xesús San Luís Romero 2

Noite pechada de Nadal, chovía,
Nin unha estrela no ceu aluceaba,
Lóstrego frenxente a escuridá fendía,
I-a rouca vôs do trono no âr arrebombaba.
O vento, asubiando, nos álbores runxía,
O río sobardado nas laxes balvordaba,
I-os lúgubres, doentes, queixumes dos pinales,
Concertos romedaban d’espritos infernales.

[...]

"A Volta do Bergantiñán", Xesús San Luís Romero

(Xesús San Luís Romero nasceu no dia 9 de Setembro de 1872. Morreu em 1966.)

sábado, 9 de setembro de 2017

Xesús San Luís Romero

FIDALGO. Bos días che dea Dios.
PASCOALA. (Deixando de pineirar)
                   Chegue osté moi ledo a velos.
FIDALGO. (Pousando a escopeta n'a hucha)
                 En apertal'os farelos,
                 Ánsea vou vendo que pós.
PASCOALA. Traballo danme d'abondo,
                    Qu'ê moi toupida a pineira.
FIDALGO. ¿O teu home?
PASCOALA. Vai n'a feira.
FIDALGO. ¿E teu sogro?
PASCOALA. Aló n'o fondo
                    D'as chouzas de Rebordelos Editar
                    Rouzar un pouco d'estrume;
                    Un para corte, algún pro lume. 
                   ¿Vostede quixera velos?
FIDALGO. Quixera; mais a ucaseón
                 D'estares soila aporveito,
                 Pois quero contarche a eito
                 Un mal qu m'afrixe.
PASCOALA. ¿Entón?

"O Fidalgo", Xesús San Luís Romero

(Xesús San Luís Romero nasceu no dia 9 de Setembro de 1872. Morreu em 1966.)