sexta-feira, 23 de junho de 2017

Xaquín Lorenzo

A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsase xeralmente pra indicar algo de pouca importancia e sen transcendencia; cando se fala de froita, por exempro, os nosos labregos acostuman a decer: "ises son enredos de rapaces".
En sentido máis restrinxido, un enredo é un xoguete, é decer, un artiluxio co que os nenos satisfán a sua necesidade de ocupar o tempo imitando no posible ás persoas maiores. O mesmo significado ten asimesmo a palabra brinquedo (de brincar = saltar, xogar). A anterior fórmase de enredar, do mesmo valor que brincar. Chámanse tamén os xoguetes ixolas, de onde ixoleiro = mañoso.
O xoguete non ten fronteiras xeográficas nen cronolóxicas; en tódolos pobos e en tódalas épocas móstrasenos a existencia dista industria infantil.
A única diferencia que se pode establecer antre uns enredos e outros como fundamental é a que existe antre o campo e a cidade.

 [...]

"Enredos", Xaquín Lorenzo

(Xaquín Lorenzo nasceu no dia 23 de Junho de 1907. Morreu em 1989.)

Sem comentários:

Enviar um comentário