quarta-feira, 12 de setembro de 2018

Xohana Torres 2

A catedral

Dime qué tes, ciencia da pedra.
Dime qué che botaron nas figuras.
Estás muda. Aléntasme a traducir a fala,
facultade romeira interminable.
Estás ríspida ata o ceo... e eslómbaste
pra conceder aínda, a vocal dunha tenrura única.


Muller, ti es muller, catedral chea de seos desgastados,
fada perdida cabo dun camiño.
Non ten apertas falsas a túa forma, feita na verdade.


Ábreme o peito abondo, sen enruga:
Quero soñar na exclamación tan varia;
quero laiar contigo, pedra en pedra;
quero sentirme farta, farta, cando revolva os fondos
desa tumba calada.


"Poesía Reunida", Xohana Torres

(Xohana Torres nasceu no dia 22 de Novembro de 1931. Morreu no dia 12 de Setembro de 2017.)

Sem comentários:

Enviar um comentário