sexta-feira, 30 de outubro de 2015

Carvalho Calero 2

Praia de Corujo

Na area para min alguén cravou
o parasol, e á sua sombra puxo
a hamaca para min. O mundo Egipto.
Flabelo e trono: eu faraón.
No meu reino de auséncia, ausente impero.
Esquecido de min e o mundo, ambos
somos un, como o corpo e a alma. Todo
non cobizado é fácil para min.


Secretos pensamentos me arrodeian
como escravas despidas, que non ousan
un tilintar de ajorcas, e se esfuman,
virges ideias, no meu puro harem.


Sobre ninguén impero e reino en todo.
E o mundo é aquala e eu aquel, e somos

el, ela e eu os únicos,
e os tres un. E a unidade é, un intre, tres.


Da miña orquestra real, azuis doncelas,
esparegendo as suas testas brancas,
tangen os cons, arrolan o meu sono,
e os seus cabelos estran aos meus pes.
O sol olla-me, o sol paterno, voo
de áureo falcón imóvel sobre a vida.
O seu ouro é o meu sange, e, lento, flui
no meu corpo solar.


Teito azul, chan enxebre, alta pirámide.
Faixa
Adobiado estou. Pechade a porta.
Poñede o selo. El, ela e eu. Só un.


Carvalho Calero

(Carvalho Calero nasceu no dia 30 de Outubro de 1910. Morreu em 1990.)

Sem comentários:

Publicar um comentário