Era un home tan bó, tan bó, que un día pensóu: "Quérote ben e vou queimarche as unllas, arrincarche os ollos, vou renegar de tí, xa sei que o sofrimente me afundirá na miseria, mais non hai razón pra non aldraxarte e destruirte, esmagándote na beira do camiño coma unha sanguisuga, ouh!, cóma se pode amar e sofrir tanto na vida!"
"Follas de Vagar", Eduardo Moreiras
(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Eduardo Moreiras. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Eduardo Moreiras. Mostrar todas as mensagens
sexta-feira, 3 de janeiro de 2020
quinta-feira, 3 de janeiro de 2019
Eduardo Moreiras 3
Os pobos
Uns pobos son coma froles,
outros coma pedras quentes ao sol.
Velahí o deserto,
ise mar de roxos fresós de pedras.
Alí durmen pobos, mitos, imperios,
coma roseiras que ninguén viu cair.
As mulleres, cando raiñas,
daban tesouros por unha frauta triste.
Outros pobos son de neve,
alongados no silencio do mundo:
os bosques muxen tremosos no vento.
Ao Leste a Rusia nasce
cunha frol de sangue no costado,
e ao Ueste
o Americán da pradeira
ergue a morte sorrindo, impasibel.
Mais iste pobo naso
durme na festa da vida,
os pés núos na mar verdeceira,
a testa firme no ceo
antre montañas.
Os deuses fuxiron das suas enciñeiras.
Iste pobo vello
baixou do alto pala corredoira do tempo
rindo e soñando ca seu destino.
Eduardo Moreiras
(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)
Uns pobos son coma froles,
outros coma pedras quentes ao sol.
Velahí o deserto,
ise mar de roxos fresós de pedras.
Alí durmen pobos, mitos, imperios,
coma roseiras que ninguén viu cair.
As mulleres, cando raiñas,
daban tesouros por unha frauta triste.
Outros pobos son de neve,
alongados no silencio do mundo:
os bosques muxen tremosos no vento.
Ao Leste a Rusia nasce
cunha frol de sangue no costado,
e ao Ueste
o Americán da pradeira
ergue a morte sorrindo, impasibel.
Mais iste pobo naso
durme na festa da vida,
os pés núos na mar verdeceira,
a testa firme no ceo
antre montañas.
Os deuses fuxiron das suas enciñeiras.
Iste pobo vello
baixou do alto pala corredoira do tempo
rindo e soñando ca seu destino.
Eduardo Moreiras
(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)
quarta-feira, 3 de janeiro de 2018
Eduardo Moreiras 2
Muller do pobo
Nos seus zocos préndese a erba
no seu peíto síntese latexar o lume,
e as longas trenzas so o pano vello
enrédanse ás silveiras.
Grosos beizos pra beber a vida
pra encher a faciana e chamar ó neno:
maus que cheiran a erba fresca,
a leíte puro do luceiro da noíte.
Cinguen a cintura espigas de centeo,
vai soia por un camiño
e as ondas do áer quentan, e estalan
froitos loiros no resprandor do día.
Hai un día por vir pra os homes novos.
A súa forza pare luz nista tristeza.
Véndoa vir, na primavera eterna,
sábese certo que non é inutil a vida.
Pétanlle no ventre os pulos do océano.
No mundo enteiro outros irmáns unidos
chámanlle nai das noites meigas.
Ela o sabe e vóanlle polo peíto
cantigas de amor pra os fillos que agardan.
"A Realidade Esencial", Eduardo Moreiras
(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)
Nos seus zocos préndese a erba
no seu peíto síntese latexar o lume,
e as longas trenzas so o pano vello
enrédanse ás silveiras.
Grosos beizos pra beber a vida
pra encher a faciana e chamar ó neno:
maus que cheiran a erba fresca,
a leíte puro do luceiro da noíte.
Cinguen a cintura espigas de centeo,
vai soia por un camiño
e as ondas do áer quentan, e estalan
froitos loiros no resprandor do día.
Hai un día por vir pra os homes novos.
A súa forza pare luz nista tristeza.
Véndoa vir, na primavera eterna,
sábese certo que non é inutil a vida.
Pétanlle no ventre os pulos do océano.
No mundo enteiro outros irmáns unidos
chámanlle nai das noites meigas.
Ela o sabe e vóanlle polo peíto
cantigas de amor pra os fillos que agardan.
"A Realidade Esencial", Eduardo Moreiras
(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)
sexta-feira, 28 de abril de 2017
Eduardo Moreiras
A unha muller de Pedorne, que tivo un fillo e afogouno
¿Ti eras boa, muller?
Eras boa.
Pero mataches. E pagas.
¿Qué pagas?
Eu tamén pago. Todos temos
unha deuda inmensa.
Si soupéramos
non poderíamos
co peso da vida.
Qué vas facer agora
co ise recanto
isa feble candea
que afogaches con bruteza.
¿Non sabías...?
Non.
Ninguén sabe.
Serás aldraxada
escarnida pra sempre
e ninguén saberá.
Mataches. E pagas
o erro arrepiante
sin piedade
que todos levamos connosco
deica ao fin:
millor matar que dar a vida.
"O Libro dos Mortos", Eduardo Moreiras
(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)
¿Ti eras boa, muller?
Eras boa.
Pero mataches. E pagas.
¿Qué pagas?
Eu tamén pago. Todos temos
unha deuda inmensa.
Si soupéramos
non poderíamos
co peso da vida.
Qué vas facer agora
co ise recanto
isa feble candea
que afogaches con bruteza.
¿Non sabías...?
Non.
Ninguén sabe.
Serás aldraxada
escarnida pra sempre
e ninguén saberá.
Mataches. E pagas
o erro arrepiante
sin piedade
que todos levamos connosco
deica ao fin:
millor matar que dar a vida.
"O Libro dos Mortos", Eduardo Moreiras
(Eduardo Moreiras nasceu no dia 3 de Janeiro de 1914. Morreu em 1991.)
Etiquetas:
A unha muller de Pedorne que tivo un fillo e afogouno,
cultura,
Eduardo Moreiras,
literatura,
livros,
O Libro dos Mortos,
poesia,
poetas,
série Escritores
Subscrever:
Mensagens (Atom)