O negriño Panchito
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negrito cubano, coma quen trae unha mona, un papagaio, un fonógrafo…
O negrito foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para ganar o pan. Co tempo fíxose mozo cumprido, sen máis chatas que a súa cor… Aínda que era negro coma o pote, tiña graza dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha pola de malva na chaqueta, parecía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdiu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sentiu, como todos os mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañá de moita tristura gabeou polas escaleiras dun transatlántico. Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brillantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunca rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:
- Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
Panchito retornou á aldea. Chegou pobre e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e máis un traxe branco…
"Cousas", Castelao
(Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Castelao. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Castelao. Mostrar todas as mensagens
quinta-feira, 30 de janeiro de 2020
quarta-feira, 30 de janeiro de 2019
Castelao 6
O rapaz escrequenado entra, baril, no mundo das miserias
"Os Dous de Sempre", Castelao
(Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)
Rañolas era de certo un rapaz intelixente, con moitos anceios de saber. As contas que botaba non marraban, nin os seus ditos tiñan volta. Como dín alí, contáballe os pelos a un can e sabía o que esquecéu o demo.
Pouquiño a pouco o malpocado rapaz foi deprendendo o silabario que Pedriño lle ía ensinando a forza de peras, mazáns e pexegos; mais chegóu un dia en que a nai do Rañolas quixo que o seu fillo probase mundo e botóuno aos camiños, na compaña duns moinantes que vivían amostrando as súas lacras nas romerías. E o eivado desaparecéu da vila.
Nos primeiros tempos Rañolas choraba; pero con dúas ou tres malleiras que lle zorregóu o amo xa deprendera dabondo e non precisóu de máis consellos contundentes.
A poeira dos camiños e o sol do vrán fórono demudando, e ao pouco tempo Rañolas cheiraba ao burruallo i era un moinante máis.
Cos ollos adoecidos pola poeira e co coiro queimado polo sol, sempre a berrar nos camiños de romería, Rañolas pasóu catro meses e deprendéu máis cousas que deprendería o seu amigo Pedriño en vinte anos de escola.
[...]"Os Dous de Sempre", Castelao
(Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)
Etiquetas:
Castelao,
cultura,
literatura,
livros,
O rapaz escrequenado entra baril no mundo das miserias,
Os Dous de Sempre,
série Escritores
sexta-feira, 10 de agosto de 2018
Lorenzo Varela 3
Castelao
Cando cheguen os tempos non chegados
cando canten as mans traballadoras
nas doídas manceiras dos arados
e nas salgadas redes pescadoras,
Galicia ceibe tallará o teu nome
nas outuras do Pórtico da Groria
pra que falen os anxos con un home
que leva a patria enteira na memoria.
Unha nova Galicia sen cadea,
que non esportará mais sangue humán
nin asoballará unha man allea:
Unha Galicia nova, a de mañán,
que xa ven alborando, xa clarea,
no peito arrolará teu soño irmán.
"Homaxes", Lorenzo Varela
(Lorenzo Varela nasceu no dia 10 de Agosto de 1916. Morreu em 1978.)

terça-feira, 30 de janeiro de 2018
Castelao 5
Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, nun paquete alemán. E axiña de arribar a Bos Aires pillamos un tren que corría moito e logo outro tren que corría pouco e dispois un coche de cabalos que nos levou a tombos polo deserto da Pampa. Naquela soedade plantara meu pai unha casa para facerse rico, cavilando sempre nos eidos nativos; i era forza pecha-los ollos ó circio traballo en espera do retorno feliz.
A nosa casa era o centro comercial de dez légoas á redonda. Alí vendíamos de todo e alí mercábamos canto producía o país: lan, coiros e prumas. O mostrador do comercio estaba defendido con reixas de ferro, porque na nosa casa - portelo obligado de moitos vieiros - paraban a de cotío "gauchos" bravos, afeitos a tomarse de bebida para aldraxarnos co coitelo na man.
Eu doíame de durmir enriba do mostrador, en compaña do outro dependente. Miña nai, a probe, choraba de verse antre xentes sen relixión. E os dous, feridos de saudade, botábamos de menos a probeza limpa dos meus avós, que xa se tornara azul diante da moura fartura do presente; e no filo en que os nosos ollos se avistaban desbalsábanse en bágoas.
"Retrincos", Castelao

segunda-feira, 30 de janeiro de 2017
Castelao 4
Aínda eu era estudante cando se criou no meu maxín a idea de facer un cabezudo, e, como na mocedade todo semella ledo e facedeiro, busquei o tipo máis laído da vila para que tódolos veciños escachasen de risa, sen facerme cargo da miña falla de caridade.
Traballei de firme para remata-la obra, que xa era sonada polo meu creto de mañoso, e xa figuraba en letras de molde no programa de festas.
E chegou o día. Na praza non collía unha agulla. No adro da eirexa un rapaz toco portaba un feixe de foguetes debaixo do brazo, e o fogueteiro soplaba na mecha, agardando a primeira badalada das doce.
De súpeto tanxeron os sinos, estalaron os foguetes e unha «ben afinada banda» rompeu a tocar. A cousa xa non tiña remedio. Saíu o meu cabezudo e no mesmo intre a xente escachou a rir, como facía nas comedias dos titiriteiros.
- ¡É Peito de Lobo! ¡É Peito de Lobo!
I entón nun curruncho da praza xurdiron chíos firentes de mulleres que non daban atafegado un orneo que chegou a min coma un tremer de terra. Era Peito de Lobo que quería esnaquizarnos: ó cabezudo e mais a min.
Co medo que papei non puden gorenta-lo carneiro da festa. A cousa non era para menos. Peito de Lobo nunca quixo poñerlle man ós fillos por medo de romperlle os ósos, e contan que unha vez, querendo botar un barco ó mar, afundeulle o costal co lombo. Era moito home para min, que xa me sentía desfrangullado nas súas poutas de ferro.

sábado, 30 de janeiro de 2016
Castelao 3
Foi unha noite de luar cando saín da cova por primeira vez. Traballiño custoume desentolle-las pernas e cando me erguín e botei a miña cachola fóra da terra, fiquei pasmado... Aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sírveme agora pra mirar.
Tolo de contento quitei o ollo, dinlle catro bicos e volvino a pór no seu sitio.
Dun pulo brinquei da cova e fun cara o rueiro dos esqueletes.
Os esqueletes son tan parvos como as persoas. Abonda decir que non pensan máis que en beilar.
Pra min tódolos esqueletes son o mesmo. Pásame niste mundo de ósos o que me pasaba no outro cos negros, que todos parecíanme iguales. En troques iles, antre si, coñécense moi ben. Debe sere porque iles son cegos i eu vexo.
Farto de ollar aos meus compañeiros beilando coma se fosen ósos ao son da “Danza macabra” de Saint Säens afasteime do rueiro e reparei nun esquelete que estaba sentado nunha campa e que tiña a calivera ladeada (eispresión de tristura e melancolía niste mundo). Chegueime a il e fitei como na caixa dos cadriles tiña acochado un esquelete pequerrechiño. Axiña decateime que era un esquelete de muller e inquirín garimoso.
- Será vostede algunha muller das que mataron en Osera, Nebra ou Sofán?
- Non, señor, non - respondeume -. Eu morrín de tristura!
"Un Ollo de Vidro. Memorias dun Esquelete", Castelao
(Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)
(Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)
sexta-feira, 30 de janeiro de 2015
Castelao 2
Lembranza da casa e dun pelo da tía Ádega
"Os Dous de Sempre", Afonso Rodriguéz Castelao
(Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)
A tía Ádega vive nunha casa pequerrecha, sempre ben encaleada, cunha balconeta de madeira, antre dúas fiestras xemelas, e unha porta de dúas follas. A casa ten fisonomía de moneco, con ollos, nariz e boca, e logo un caparuchete de tellas na cabeza. Cando a tía Ádega cerra unha fiestra, a casa chisca un ollo.
Dentro todo está fregadiño de sábado, co chán estrado de area do mar, ben peneirada. No apousento de recebir loce o sofá de respeto con funda de lenzo crú marcado cunha gran letra bermella bordada a punto de cruz. Na cociña brila unha chocolateira de cobre, e pola bufarda do vertedeiro óllase sempre o longo pé dunha col que o vento abanea docemente.
O durmidoiro é o "sancta sanctorum" familiar, onde nasceron e morreron os antergos da casa. A vella é a gardadora deste apartamento de nascer e morrer vedado sempre ás olladas profanadoras dos alleos. Alí o mesmo aire ten que entrar a furto. A vella durme no leito en que veu ao mundo: unha cama de buxo retorneado, aburada de silenzos e saudades. A lampariña de aceite asolaga todo nun cheiro morno e misterioso. Esta lámpara, que foi azucareira noutro tempo, sirve agora de vaso sagrado, onde aboia, día e noite, unha luciña, a morrer de tristura polas moscas que veñen suicidarse no aceite.
Veleiquí as lembranzas que conservo da casa; pero da tía Ádega gardo un punxente recordo: nacéralle no queixo un soio pelo, enribirichado como o rabo dunha o. Este pelo, único, amostraba unha forteza de vinte xuntos, e saíalle para diante, ofensivo como un corno.
Moitas veces o pelo da tía Ádega desaparecía i entón era temíbel, porque sempre lle quedaba, arrentes do queixo, un cañoto cortado en bico de clarinete. Eu lémbrome de que todos os rapaces tíñamos medo aos seus bicos e refugábamos os melindres que nos oferecía, porque todos os pícaros que a tía Ádega bicaba unha vez quedaban avisados para sempre, e por moito que a vella fixese endexamáis lograba espetar dúas veces, nas fazulas dun mesmo neno, aquel terríbel alferrón que Deus lle plantara no queixo.
Non gardo máis lembranzas do seu físico; mais, en troques, teño na memoria un balume de lembranzas da súa bondade. "Os Dous de Sempre", Afonso Rodriguéz Castelao
(Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)
quinta-feira, 30 de janeiro de 2014
Castelao
Semellante a un frade de madeira
Semellante a un frade de madeira mal pintada; tiña un nariz bermello de antroido e unha calva esvaída de difunto reseso, e non sabía un por onde tomalo para moufarse da súa cativeza. Malasisado coma os sinos, que repenican con tolería de festa e logo tanxen a morto. Tan amigo de beber que sendo pequeno foise ó augardente dun feto, que era tío seu, e deixouno sequiño de todo. Para gana-la vida chegou a ouvear coma un can no tempo das uvas.
Pero certo día topouse cunha muller nun camiño de romería. A muller ía de promesa, cun faroliño na man. Faloulle, namorouna e casáronse deseguida.
Ela é un ananuxo que gana diñeiro nos mercados como regateira de roupa vella. El fíxose borracho de solenidade. E os dous xuntos son a risa do pobo nos domingos e días de gardar.
Cómpre decirvos que tiveron un fillo tan forte de corpo e de alma, tan desemellante dos seus pais, que parecía un neno roubado. O neno medrou e fíxose home de proveito e largou para fóra.
O pai anda decindo:
- Non volve porque como a nai é así…
E a nai anda decindo:
- Non volve porque como o pai é así…
Pero eu sei que non volve porque aínda non é dabondo rico para mata-las risas dos que se moufan dos seus pais; que con diñeiro pódese chegar a Excelentísimo Señor, según xa ten pasado e aínda pasará.
"Cousas", Castelao
(Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao nasceu no dia 30 de Janeiro de 1886. Morreu em 1950.)

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao,
Castelao,
Cousas,
cultura,
Galiza,
literatura,
livros,
Semellante a un frade de madeira,
série Escritores
Subscrever:
Mensagens (Atom)