Agoiros
[...]
Po-la miña vida, tembro:
Tembro po-la dos meus pais!
¡Os meus velliños d'a y-alma!
¿Os vou a perder, cicais!
¿Teremos que pasar fame!
Meu mozo... ¡m'esquecerá!
Roupiña que vou faguendo,
Con tantos icos e afáns...
¿Non te lucirei n'a boda?
¿O couce t'encetará,
Sen qu'a-o meu lombo te bote!
¿Morrerei en soledad,
Velliña, prob'é solteira!...
¡Arrenega, demo-atrás!...
Qué cucos, nin qu'abeleiras,
Nin que agoirizar de cans,
Poden facer tal desmoche?
Vella e probe... ¡mália tal!
Pro perder os meus amores...
¡Velos n'outra-entronizar,
E quedar-eu sen homiño!...
¡A millor moza de Xaz!...
¡Esto, non; San Antoniño.
(Mais ben serán outros mals...)
Racharáseme-a mantilla
Qu'hei d'estrenar n'o San Xoan:
Os aretes qu'el mercoume,
Con pedriñas de coral...
¿Ou morrerán as papuxas
Que pillou n'o abeneiral,
O día que concertamos
Ántes d'outono, casar?
[...]
"Almas de Muller... ¡Volallas na Luz!", Francisca Herrera Garrido
(Francisca Herrera Garrido nasceu no dia 6 de Março de 1869. Morreu em 1950.)
Sem comentários:
Enviar um comentário