Cando por toda aquela redonda correu a voz de que chegaran libres e salvos á Donseón os señores Sancho e Ramil, levantouse tal rebumbio, mormente entre os caseiros do pazo, e tal cobiza de velos, que parecía unha romería a xente que iba á todas horas á darlles o parabén. E ningún quería ir c'as mans baldeiras; quen levaba un pucheiro de mel; quen unha cachucha ou peteiro de porco; quen un par de polos ou unha galiña; quen duas dúcias d'ovos; quen unha cunca de butiro; quen un saco de fabas; quen un gancho de troitas ou anguías, e así pol-o estilo. A Mariña doíalle a alma o ter que coller e gardar aquelas cousas; pero máis lle doía o despachar á aquela probe xente de modo que fosen c'a mágoa de que o que trouxeran non tiña dadoiro. Ben conocía o corazón con que o facían, que moitos eran capaces de sacalo d'a boca pra contentar á os seus donos, e máis que ela ben sabía volverllo dobrado.
"O Niño de Pombas", Antonio López Ferreiro
(Antonio López Ferreiro nasceu no dia 9 de Novembro de 1837. Morreu em 1910.)
Sem comentários:
Enviar um comentário