terça-feira, 6 de fevereiro de 2018

Xosé María García Rodríguez 2

[...]
Cando chegamos perto da casa do señor armador, meu tío e miña tía, máis veceiras nos repetiron que non falásemos na visita; que ficásemos caladiños, que nós non sabíamos falar coma a xente. A min non me colléu de novas porque xa estaba afeito a oubilo. Cando se abría a sáa da nosa casa porque viña xente de fora, botábannos pra rúa. "Idevos que vos non sabedes falar en cristián". A correr polo rueiro. En canto a miña curmanciña, ela era moi bonita, liste e obedente. E diante de nosos tíos rubimos as escadas, sempre collidiños das mans.
[...]
 Xosé María García Rodríguez

(Xosé María García Rodríguez nasceu no dia 6 de Fevereiro de 1912. Morreu em 2006.)

Sem comentários:

Enviar um comentário