Muros, na provincia da Cruña, é unha vila a beira do mar. Ali aos nenos chámanlle "musiños". Isto é, mociños. Porque Muros é terra de "seseo" e de "geada". Os rapaciños do meu tempo éramos ditosos, até que chegaba o tempo de ir pra escola. Nantramentras corríamos, xogábamos, brincábamos, enredábamos, lamos aos niños e falábamos galego. Somentes que, as veceiras, aínda denantes de ir pra escola, nos pasaban cousas. E unha delas pasoulle diante de min a unha curmanciña que eu tiña, bonitiña coma un ouro.
Seu pai, meu tío entregue, era patrón dun bou. Un bou, pra os que nono saiban, é un barco dos que iñan a pescar ao Gran Sol. Lonxe, no mar. Pro viñan carregados de moitos e bos peixes, de todas crás. Meu tío gañaba bon diñeiro. Pro máis aínda, os señores donos dos bous, que lles chamaban "armadores". Un deles convidóuno a que fose a Cruña, coa sua muller e familia. Alá fomos. Eu tamén, porque me levaron. No "Castromil", un automóvel grande, nó que cabía moita xente. Fomos na berlina, compartimento onde o pobo pagaba máis cartos pola viaxe. Os de "interior" pagaban menos. E os que iñan enriba máis pouquiño. Pro iñan co-iles cabazos de froitos e até galiñas e galos. Tamén un cabirtiño. E un porquiño dos que chamamos roxelos, porque non teñen un ano e que pasóu o máis do tempo berrando.
[...]
(Xosé María García Rodríguez nasceu no dia 6 de Fevereiro de 1912. Morreu em 2006.)
Sem comentários:
Enviar um comentário