quinta-feira, 24 de setembro de 2015

Daniel Pernas Nieto

Salaios 

Por qué chora, preguntas a un bardo, 
d´a terra galega;
pois choro porque levo n-o peito
un feixe de penas;
porque as casas d´a miña terriña
inda non fumegan,
que soliñas, soliñas quedaron
n-o bico d´aldea,
i-agora non hai quen desbrave
as irtas restrebas;
miña terra, terriña querida,

que soia te quedas,
que os homes que inda non te conocen
así te desprécean
vindo logo de terras extrañas
sin sangue nas venas;
por qué choro, preguntas filliño,
porque non fumegan,
¡ai!, as casas da nosa terriña
n-o bico d´aldea.

"Fala das Musas e Outros Poemas", Daniel Pernas Nieto

(Daniel Pernas Nieto nasceu no dia 25 de Setembro de 1884. Morreu em 1946.)

Sem comentários:

Enviar um comentário