quinta-feira, 21 de março de 2019

Salvador García-Bodaño

Síntote chegar

Síntote chegar pregoeira de ledicia
ata a soidade das miñas tardes
anguriosamente idénticas
no silencio mesto en que te agardo.


Síntote chegar, muller aínda recente,
dende o máis secreto dos teus peitos brancos
a esta fondura do meu ser deshabitado
onde é posible que ande a soar
algún cantar antigo para o teu nome...


Síntote chegar
como un sono que me invade ala por dentro
e que me queima nas mans e nas meixelas
e no aire das miñas palabras ao te chamar.


Na orixe das idades
ando a procurar musicas esquecidas
que terán de alegrar o meu corazón
para que non sexa tan triste
cando ti chegues.


E ti has vir...
e pasarás por min
como unha estrela fuxidía
que me ferirá cunha luz purísima
na que quizais tan só comprise morrer.


"Ao Pé de Cada Hora", Salvador García-Bodaño

(Hoje, Dia da Poesia, Salvador García-Bodaño é homenageado pela Real Academia Galega)

Sem comentários:

Publicar um comentário