domingo, 9 de abril de 2017

Manuel Lueiro Rey 3

Camiño aberto

Antre as ponlas dos álbres
está o crarisco tremendo.

Antre o crarisco unha imaxe
que ten un orfo silencio.

Perto o voar dun paxaro
que soña co seu peteiro.

Calade!
Está nacendo un neno.

Que ninguen lle poña pedras nos camiños.
Deixade que debale de vagariño o tempo.   

"
Un Tempo de Sol a Sol - Poemas do Neno Galego", Manuel Lueiro Rey

(Manuel Lueiro Rey nasceu no dia 9 de Abril de 1916. Morreu em 1990.)
 

Sem comentários:

Enviar um comentário