Mostrar mensagens com a etiqueta Morrer en Castrelo do Miño. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Morrer en Castrelo do Miño. Mostrar todas as mensagens

domingo, 29 de janeiro de 2017

Xosé Fernández Ferreiro 2

O río nunca se irá de aquí. El non emigrará, como emigra a xente. O río é como a terra, coma as viñas, coma a fraga, coma o val: sempre estará aí.. Sempre serán igual. Eu si que me irei. Eu e mais tí. Peor o río non. 

"Morrer en Castrelo do Miño",  Xosé Fernández Ferreiro 

(Xosé Fernández Ferreiro nasceu no dia 29 de Janeiro de 1931. Morreu em 2015.)

sexta-feira, 29 de janeiro de 2016

Xosé Fernández Ferreiro

Do salto víñase falando desde había bastante tempo. Desde que fixeran o de Pazos, no mesmo río. uns vinte kilómetros augas abaixo. Pero, sobre todo, desde aquel día no que, de improviso, aparecera no lugar un land-rover verde do que baixaran uns homes descoñecidos, vestidos con cazadoras de coiro e grosas botas de goma, póndose a mirar, para un lado e opara o outro, a través duns aparellos que parecían máquinas fotográficas postas sobre un trípode. Facían anotacións nun caderno e piñan cruces bermellas nas pardes e nas laxes.
- Son os do salto - correuse de seguida por tódolas aldeas, por todo o val de Folgoso, por tódalas terras de Castrelo. - Son os de Fenosa.

"Morrer en Castrelo do Miño",  Xosé Fernández Ferreiro

(Xosé Fernández Ferreiro nasceu no dia 29 de Janeiro de 1931. Morreu em 2015.)