Mostrar mensagens com a etiqueta Lonxe. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Lonxe. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 27 de janeiro de 2017

Ángel Lázaro 2

Anque sempre che cantéi,
e sempre estuviches, terra,
presente n’as miñas cousas
escritas en’a outra lengoa;

anque toda esta paixaxe
d’o corazón que te lembra
dichesmo ti, e de lembrarte
foi miña rima primeira,
nunca coma hastra d’agora
ándasme n’o peito, e a testa...
¡Qué traballo dá encontrar
Aquelo que está máis cerca!


"Lonxe", Ángel Lázaro

(Ángel Lázaro Machado nasceu no dia 27 de Janeiro de 1900. Morreu em 1985.)

quarta-feira, 10 de agosto de 2016

Lorenzo Varela

Compañeiros da miña xeración mortos ou asesiñados

¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos subir pola sangue o misterio.
O noso corpo era o camiño da maxia,
a escada pola que viña a lúa,
o zume de todol-os segredos,
a canzón da herba que resucitóu.
E o mismo verme era unha folla leda,
un mensaxeiro do sagrado alén.

Morréchedes, matáronvos, deixáronme.
Quedéi eiquí, lonxe das vosas sombras.
E gardo, coma un morto,
no centro do silenzo, da sede, da agonía,
o día que vos poda levar á sepultura
unha cesta de pombas e mazás.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!


"Lonxe", Lorenzo Varela

(Lorenzo Varela nasceu no dia 10 de Agosto de 1916. Morreu em 1978.)