segunda-feira, 3 de fevereiro de 2020

Tomás Barros 6

A vela da vida

A vela da vida xa esmorece,
e van gañando as tebras a partida.
Unha chama vai mazmida
e no tempo se acaba.
Inda alumea relembros,
conversas,
unhas horas de dita xa esquencidas,
uns pasamentos na outa noite,
uns fillos que están perto ou lonxe,
unha loita sen fin con unha sombra avesa.
Mais cando a vida xa adoece,
un sospeita teimoso
que a chama non se perde,
que nalgures alcende e avivece.


"Vieiro de Señardade", Tomás Barros

(Tomás Barros nasceu no dia 3 de Fevereiro de 1922. Morreu em 1986.)

Sem comentários:

Enviar um comentário