Anoitecendo
Foi n-o mes de Samartiño.
Facia un frio que rabiaba.
Era unha tarde de vento
e estaba toda anubrada
c' unhas nubes tan espesas
que casqu' â terra chegaban.
Viñ' o aire d' o Picato,
aire que sempre trai auga,
e n-o curuto d' o monte
estaba a nebra apousada,
coma mirando pr' a terra
dond' ha de dar a batalla.
N-habia pizca de sol,
facia media hora larga
e un que outro paxariño
carón d' o terreu voaba
buscando abrigo pr' a noite
entr' os toxos e as carpazas,
porqu' âs pólas d' os carballos
e mais álbores de rama,
caéralles tod' a folla,
ou si a tiñan xa secara
queimada d' o frio d' o inverno
qu' é frio que non deixa nada.
As campanas d' a parroquea
âs oraciós repicaban
e aló lonxe aquí e alí,
sintíanse outras campanas
que recordaban ôs homes
qu' á Dios lle debian gracias
pol-o ben que lles fixera
n-o dia que s' acababa.
[...]
"Cousas das Mulleres", Xesús Rodríguez López
(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu em 1917.)
Sem comentários:
Enviar um comentário