Intentar inquedarse polo descoñecido
é deixar que esbaren os anoiteceres
o longo dun corpo adormecido.
A loita ten que ser permanente,
precisa de coraxe e inconsciencia,
porque nada arredor dos soños
ten que ser necesariamente certo.
Hai que sair cada mencer a roubar
unha estrela,
a desfacer as nubes e alixerar o vento
a romper en mil cachos o silencio pactado.
Hai que arriscar a delor na esperanza
que ameaza converterse: imaxe de abandono.
Ninguén ten xá futuro de naufraxio
mentres arrinques a vida do deserto perfecto.
E fermoso morrer cada xornada ergueita
medrando no regreso da posible saudade.
"Dous Poemas", María do Carme Krukenberg
(María do Carme Krukenberg nasceu no dia 3 de Junho de 1926. Morreu em 2015.)
Sem comentários:
Enviar um comentário