domingo, 24 de março de 2019

Xesús Rodríguez López 3

O gallego

Escritores d'afora que ô gallego
como tipo de mofa presentades,
e saber a verdá non precurades
antes de darlle á pruma un vil emprego,
vide aqui, a aprender que vos guiades
por un rutinarismo falso e cego.
O gallego, xa fora, xa en Galicia,
gana honores con quen lle fai xusticia.


Ao burlarvos d'un probe que precura
traballar pra vivir n'algun oficeo,
¿ô traballo, queredes por ventura,
negarIle a proteucion que dais ô viceo?
Quen ô traballo honra ten cordura,
quen pensa d'outro modo non ten xuiceo.

Ademais, coucearia como un mulo
quen xuzgase a Madrid por ver un chulo.
 

Traspasando colados e lameiras
pol-o inverno, sin medo â neve fria,
c'unhas codeas de pan nas faltriqueiras,
á pasar van n'escola tod'o dia,
dende os fillos das probes cortelleiras
hastra o que herda facenda e fidalguia.
E si tanto gallego hay de proveito
é por lêr y-escribir todos afeito.
 

Nas costumes de mozo é moderado;
entusiasta é nas suas alegrias;
da muller sempre é dôce namorado,
e co mesmo poder manexa o arado
qu'a moça, s'a mau ben, nas romarias;
que onde loita un gallego frente a frente
non ha naide que sea mais valente.


Ese amor ô seu lar, en donde aniña
xa a muller, xa chegada parentela,
fai que sinta as tristuras da morriña
cando lonxe da terra pensa n'ela.
O amor que ten ô seu ben s'adiviña
na propiedade, ô ver tanta parcela;
porque sempre á un gallego é preferente
ser pequeno señor, a gran sirviente.


Relixioso, filósofo e honrado,
temeroso da curea e da xusticia,
tal as fai tal as pensa, con malicia,
e por eso é muy pouco confiado.
En listeza non cede un solo grado
á calquera de fora de Galicia;
que hay algun paisaniño pol-a aldea
que lla pega ô que mais sabido sea.


"Pasaxeiras", Xesús Rodríguez López

(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu no dia 24 de Março de 1917.) 

Sem comentários:

Enviar um comentário