terça-feira, 24 de abril de 2018

Urbano González Varela

¡Ela!

¡Non foi, non foi a lua,
non foi a diosa meiga,
albo cisne de neve,
vago craror das vívidas estrelas.
¡Non foi, non foi a lua!
¡Foi ela, foi ela!


Non foron as aladas
malencónicas lendas,
sereas como os lagos,
como os lumiares da verdad'eternas;
Non foron os delirios,
¡Foi ela, foi ela!


Zoar dos piñeirales,
arrulos d'a arboreda,
zongue-zongue dos ventos
entr'os brazos titans da carballeira,
¡non fúchedes vosoutros!
¡Foi ela, foi ela!

[...]

Urbano González Varela

(Urbano González Varela nasceu no dia 3 de Março de 1868. Morreu no dia 24 de Abril de 1906.)

Sem comentários:

Publicar um comentário