segunda-feira, 31 de março de 2014

Fermín Bouza Brey

Nao senlleira

¡Quén dera ser nao senlleira
n-aquel mar non presentido
das ja mergulladas terras!

Sen ceo, sen astros, sen vento,
sempre â toa pol-as ondas
deitado no esquecimento,

nin andar nin desandar,
nin ter outro coido acedo
que leijarse ir pol-o mar...

¡Quén dera ser nao senlleira!
Sen fito - estrela nin porto -
¡ser eu a propia ribeira!

"Nao Senlleira", Fermín Bouza Brey

(Fermín Bouza Brey nasceu no dia 31 de Março de 1901. Morreu em 1973.)

Sem comentários:

Publicar um comentário