Unha corrida de arroaces
[...]
Os animaes cando baixan do río e alcóntranse encerrados e ven que
se lles vai acabando a auga do mar, comezan a dar unhas carreiras que se asemellan a voaduras, unhas veces emparellados e outras soos; vólvense tolos, e
algún deles querse choutar á terra. Os homes e os rapaces, cando xa non queda
de auga máis que a do río, bótanse a el, póndose a cabalo dos peixes, que coa
mesma coraxe que teñen lévanos unha grande distancia sin caírse; outros tíranlles arpóns, pedras e astra tiros, de sorte que aquelo convírtese nunha festa dun
género novo, da que non quedan pouco ademirados astra os mesmos estrangeiros. Outras veces arremoíñanse en runfladas os arroaces e acometen a rede,
tal é o istinto que teñen, pro como está pola parte de fóra arrodeada de lanchas
e botes, desde elas con remos e paus, fan recuar os animaes, que xa fatigosos
e cheos de firidas e pancadas, déixanse coller astra dos nenos, e tráenos á terra
onde os poñen en toradas pra estraelles a graxa, que por certo é das máis finas,
e co importe dela cobren os gastos da compostura da rede, e os das lanchas e
botes.
[...]
Xoán Cuveiro Piñol
(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Unha corrida de arroaces. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 28 de maio de 2021
quinta-feira, 28 de maio de 2020
Xoán Cuveiro Piñol 3
Unha corrida de arroaces
[...]
Hai na devandita cividade, na mesma beira dela, un sitio que chaman "as Corbaceiras", onde no tempo de que vou a falar, había unha barca pra pasala xente e mailo gando á parroquia de Poio: pois ben, neste barrio da Moureira onde viven os pescadores e xente probe, non falta quen garda unha rede feita de cordas de esparto, pro grosas e fortes, e anque cando hai que usala, arroméndase e repárase polos desprefeutos que sole ter, e que costa bos cartos, esta rede esténdese dende o muelle das Corbaceiras astra a beira de Poio na orela do mar, de sorte que quedan drento, río arriba, tódolos arroaces que coa rubida da marea, soben ó río, no que se folgan os peixes astra a debalada da dita marea, e entón, é cando comeza a festa, que ben merece unha discriución.

terça-feira, 28 de maio de 2019
Xoán Cuveiro Piñol 2
Unha corrida de arroaces
Ningún pode gabarse de ver na súa vida máis que solasmente unha vez esta clas de festa. Tampouco se atopa en tódalas rías baixas nin en todo o litoral de Galicia, un sitio de mellor xeito que a ría de Pontevedra, e nesta ría a mesma capital, por ter a cercustáncea de desfogar naquela o río Lérez.
[...]
Xoán Cuveiro Piñol
(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)
Ningún pode gabarse de ver na súa vida máis que solasmente unha vez esta clas de festa. Tampouco se atopa en tódalas rías baixas nin en todo o litoral de Galicia, un sitio de mellor xeito que a ría de Pontevedra, e nesta ría a mesma capital, por ter a cercustáncea de desfogar naquela o río Lérez.
[...]
Xoán Cuveiro Piñol
(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)
Subscrever:
Mensagens (Atom)