Andruco, un bo mozo, tiña una noiva, nomeada Adelaira, que lle daba desgustos a eito, sen entención de darllos. Adelaira cría en Deus, non era orfa, tiña irmaos; pro non había pra ela máis irmáns, pais nin Deus que Andruco, seu luceiro, súa sorrisa, seu alento, súa saúde: ¡era o seu pirmeiro amore! Pero outros mozos, anque conescían que il non lle gardaba menos afeuto, levados polo atrautivo dela, botábanlle, sempre que onde cadraba a vían, unhas olladas que alcendían de carraxe o corazón do noivo, cando, por suposto, as outeaba, que non eran poucas veces: non lle saía o carraxe ós beizos nin ós ollos, pra que nadie se decatase, no cal obedescía a Adelaira, que lle aconsellaba non facer caso, coma ela, baixando a cabeza diante daquelas provocacións, non o facía; pro o espritu de Andruco non tiña sosego. Pasou moito tempo. Unha mañá da risoña primadera, a rapariga camiñaba despacio, da fonte pra a casa cunha ola enriba da cabeza. Preto dela un rapás que non era Andruco dicíalle amorosiño: "¿por que non me escoitas, moza de cabelo de ouro, ollos de lume, cariña de ánxelo, fala doce cal o amañescer, garrida centura, andar de siñora?..." "¡Ansí é Adelaira! - respondeulle Andruco, que os siguía caladiñamente; - mais, ¿que che enteresa iso?" E ó mesmo tempo doulle na cachola, enritado, un forte pau, que fixo caír no chan ó estrevido froleador. "¡E ti toleache, Andruco!", escramou tembrando Adelaira, chea de ansiedá, perguntou ó ferido: "¿Fuco?... ¿Fuquiño?..." Foi en van, pois Fuco parescía morto.
"Volubilidá da muller", Manuel Castro López
(Manuel Castro López nasceu no dia 22 de Julho de 1860. Morreu em 1926.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Castro López. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Castro López. Mostrar todas as mensagens
domingo, 22 de julho de 2018
sábado, 22 de julho de 2017
Manuel Castro López
Un home san que pide meiciña
¡Que burro...! - escramou surríndose Bras, ó ouvir a un doutor contar certo acontecemento.
- Perdoe... - repriqueille eu. - Quezá soilo era burro ise home no que menos sinifica; na fala: de empregar a j en ves da g solasmente resultan as geadas, que o meu bon amigo D. Marcial Valladares, no seu Diccionario Gallego-Castellano, xusga defecto de la gente idiota. No fondo do desexo que manefestaba o médeco parece descobrirse algo pior que unha burrada: ou a gana de moler sen necesidade a un siñor, ou a fachenda de ter un direito ou unha bulra.
Cun movemento de ombros e cabesa mostrou Bras non ter desexo de conoscer mellor a aquel a quen chamaba burro pro segueu ríndose diste, por máis que un compañeiro fixo con tristura ista ouservación:
- A min non me estranan cousas como a que nos conta o doutor: como teño que soster trato con certa cras de xente, véxoas tódolos días; e danme pena, porque me din que falla moita insinanza no pobo.
[...]

Subscrever:
Mensagens (Atom)